Domingo, Janeiro 20, 2008

Monstros I


En 1986, o Estado Español a través das súa legación diplomática, e en acción conxunta coas demais embaixadas de Europa Occidental, pregáballe ao goberno iugoslavo a liberación do disidente político "por ser un loitador pola democracia" Vojislav Šešelj.
Šešelj, licenciado en dereito e o doutor máis novo de Iugoslavia -obtivo o seu doutoramento con só 25 anos- fora profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Michigan e na de Sarajevo. Xulgado en 1984 por "actividades contrarevolucionarias".

Tras saír do cárcere, volveu para Estados Unidos, onde fundou o partido anti-comunista SNO....

Durante os 90, porén, achegouse e foi aliado/inimigo de Slobodan Milošević. O seu partido -agora escindido na rama "radical" o SRS- foreneceu as políticas do partido socialista, agás no impás no que negociaron a paz en Bosnia.

Todo isto ven a colación das louvanzas que se teñen dado estes días a Milošević.... e do santificada que está a democracia por parte do Estado Español.

Eis un top 10 do xeito de entender política deste "demócrata"... (o primeiro individuo que aparece armado nun mitín):





Pero a traca gorda deste doutor é esta:



Eis a tradución do "diálogo":

Nice (o fiscal): prégolle que teña a ben ler en serbio o que di ao final da súa carta.

Šešelj: por qué non o le vostede, sr. Nice, que le mellor ca min. Ao final digo "todos vostedes, membros do secretariado do Tribunal d'A Haia, poden tocarme e lamberme o carallo". Iso é o que pón no texto.

N: prégolle agora que nos lea o que pón o derradeiro parágrafo da carta, no que está esa frase.

Š: Non, non podo ler só o derradeiro, teño que ler xuntos o penultimo e o derradeiro parágrafo. Porque só poderá quedar claro se...

N: Vale, dacordo... lea ambos.

Š: Os meus asesores legais non son os meus avogados [defensores] polo que non teñen porque cumprir coas esixencias que lles son requeridas aos avogados. Só teñen que cumprir coas obrigas que eu lles encomendo, e vostedes, namentres, continúen a molestar o traballo da miña defensa, que ao final terán que se comer toda a merda que andan vostedes a cagar.
Cago na nai de todos, dende Hans Pontius en adiante....

Sábado, Janeiro 19, 2008

Monstros e princesas

Falaba estes días con Martín Pawley sobre unha película na que se mostraba o lado "humano" de Radovan Karadžić. Dá que pensar que moitas veces o lobo ten a pelisca do año, e o año a do lobo. Quero -aproveitando que mañá hai elecións presidencias en Serbia- para facer un álbum de monstros e princesas da Iugoslavia. Xa o aviso, en Serbia, en Croacia, en Eslovenia, en Bosnia e Hercegovina, en Macedonia, en Montenegro non hai princesas nin glamur.

Domingo, Dezembro 09, 2007

iste cipele - os mesmos zapatos

Unha fermosa canción (e mellor vídeo) dos croatas Ramirez, titulada Iste cipele - Os mesmos zapatos
http://www.youtube.com/watch?v=m2p_0IWzK8g

Quén é ese de aí
quén son eses na rúa
todos falan de vez
e ti só querererías poder sentar

Non sei por qué choras
nin por qué se escoitan sirenas
Qué son esas luces,
con certeza non é por min

(retrouso)
Mira aí alguén está deitado
non o vexo ben
que graza, penso que leva
os mesmos zapatos.

Que sorte tivemos,
que ben chegarmos tarde
penso que é raro
mais está aí,
diante do meu zaguán

Penso que non está ben
non se move nadiña
non teño nada claro
por qué ti lle levas flores

(retrouso)

E quen ten dereito a paralo todo?

Só penso que o poden facer
os que abandonan finalmente a alguén...



Terça-feira, Junho 26, 2007

Traducir do armenio

Vou traducir do armenio. Non falo a lingua, pero tanto ten. Resulta que o máis prestixios axitador político da nación armenia gañou o Nóbel e a editora galega Universo, atendendo ás vendas que pode reparar contactou comigo para que eu -que traduzo habitualmente do inglés- e un colega armenio d'A Coruña -que non fala galego, pero fala algo de inglés- traduzamos ao galego todas as obras de O. Pamukabian.
O que importa son os beneficios económicos. Deixémonos de lerias de cultura e orixinal. Iso son cousas de Elefante Editora. Ademais, tanto ten, o dream team do SLG é traducido dende o castelán, cómo van salir al mundo en jallejo.
Por certo, como O. P. ten todas as obras en castelán, hanos facilitar a tarefa. Ademais el é o primeiro que procura ser traducidos sen lle importar o máis mínimo a lingua ou a cultura. A súa loita é doutra caste e a fama comercial pode ceder aos principios culturais, éticos ou literarios.
Eu coñecín en Belgrado a un escritor coas mesmas iniciais e dun país veciño a Armenia. O seu tradutor estaba ao seu carón na rolda de prensa e falaban en inglés (se a iso se lle pode chamar inglés). Gañou o Nóbel. Igual ca O. Pamukabian.
Galiza ha ser un país culturalmente máis rico. Deberiamos ter coma himno A feira das mentiras, de M. Chao. Que boa descrición da mentalidade farise de moitos dos nosos editores.

Quinta-feira, Junho 14, 2007

Tarr

O uomo de Levi, o fillo non nacido do kaddisch de Kertész

יִתְגַּדַּל וְיִתְקַדַּשׁ שְׁמֵהּ רַבָּא.
בְּעָלְמָא דִּי בְרָא כִרְעוּתֵהּ

Loado e santificado son os atributos de Deus
no mundo por El crado segundo a Súa vontade

Sábado, Junho 02, 2007

I am from Georgia..

Do Faro de Vigo por Paula Pérez:

Los colegios gallegos escolarizan ya a alumnos de más de cien países distintos

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3009&pIdSeccion=4&pIdNoticia=139784

(...)

Pero además hay presencia de estudiantes que provienen de estados más ricos como Estados Unidos -de donde proceden un total de 91 escolares-, además de Japón, Reino Unido o Georgia.

(...)

Vexamos que tal lle vai a Xeorxía:

PIB (PPA)
2005 estimado
-
Total
17,79 mil millones de Dólares (122 do mundo)
-
Per capita
3.800 Dólares (119 do mundo)

Marrocos, El Salvador ou Alxeria son "máis ricos".

Sen comentarios....

Sexta-feira, Maio 25, 2007

A globalización

é cando no Cultur.gal unha banda vai tocando temas dun grupo serbio (!), No smoking orchestra, mentes que cando vas mexar ao baño do aeroporto Nikola Tesla de Belgrado soa no fío musical Milladoiro.